miércoles, 23 de octubre de 2024

Cronica

O pasado domingo dia 15 de setembro os amigos de Paso Miúdo fixemos a ruta: Miradoiros do Río Navia en Castriyon ( Asturias )

A Ruta Viesgo dos Miradores do Navia (PR-AS 299), ese e o seu nome completo, naceu da man da compañía eléctrica Viesgo e a Sociedad de Amigos de Boal. Os segundos trazaron o recorrido, sendeirista e cicloturista, e a primeira ofréceo o seu apoio económico pola sua conexión histórica con esta zona do Occidente Asturiano.

A zona que atravesamos para facer esta ruta alterna monte baixo, pequenos pobos e restos de núcleos rurais, mantendo con frecuencia a constante de que cada poucos minutos poderemos ver o Río Navia serpeante entre montañas.

A área recreativa “Puente de Castriyón”, os pes da subida a esta poboación e o punto de partida e onde se encontra a zona de aparcamento. O tratarse de unha ruta circular poderíamos realizala en calquera dos dos sentidos, ainda que o recomendado es partir dende o lado da ponte oposto a zona da área recreativa, e así está descrito no cartel informativo.

Seguindo o sentido recomendado do recorrido circular, atravesamos a ponte da estrada AS-35 Villayón-Boal sobre o Embalse -obra de enxeñería de interese pola sua estrutura de formigón de directriz parabólica-, continuamos 350 m pola estrada e na curva tomamos a dereita unha pista forestal ascendente a media ladeira, pasando polas Voltas de Coucelín, miradoiro natural que nos ofrece espectaculares e inéditas vistas do Embalse. A menos de un quilómetro tomamos o camiño que ven de Castriyón para chegar a El Rebollal, un prototipo de explotación agraria tradicional completa, dotada de vivenda, cabazo y demais edificacións auxiliares, de gran interese etnográfico.

A Senda descende para cruzar o Arroyo de Fontescavadas e recupera altura hasta chegar a Silvón, que alberga dous elementos de interese botánico, un teixo e un alcornoque, e a capela de San Xoan e a sua bóveda decorada con pinturas de inspiración popular. Neste punto la ruta xira cara a dereita e inicia o descenso por camiños de servizo de fincas, fronte ao Alto do Cuco e a Cova do Demo, ata o embalse de Doiras, desembocando na estrada BO-3. 400 metros máis adiante chegamos a Presa de Doiras, espléndida obra de enxeñería dedicada ao aproveitamento hidroeléctrico levantada entre 1929 e 1934, e aumentada 3,6 m en 1958. Desde a sua coroación augas abaixo apreciase o soberbio canal de desaugue, a delicada caseta de control e as duas centrais, a primitiva de Doiras (30 MW) y a de Silvón (60 MW), magnífico expoñente da arquitectura moderna, obra de Ignacio Álvarez Castelao, con vidreiras polícromas e outros detalles decorativos de Antonio Suárez.

Unha vez visitada a presa, a senda comparte trazado coa PR-AS 200 Froseira-Cova do Demo, en recorrido ascendente ata as vivendas dos empleados da empresa promotora, Electra de Viesgo, ata chegar a Doiras. Na estrada AS-12 xiramos a dereita en dirección a Peiróis e a 200 m tomamos un camiño de formigón de novo a dereita que nos conduce ao Palacio de Verdín, interesante exemplo de casona rural datada no século XVIII.

A partir de aquí la estrada asfaltada empinase ata alcanzar unha amplia colada ao pe do Monte Parada (279 m), atravesada por un cortalumes. Xiramos a esquerda polo camiño de terra para chegar as casas de Piñeira. Seguimos o camiño asfaltado deixando a dereita Casa Felipa ata enlazar de novo coa AS-12, pero nno chegamos a incorporarnos porque inmediatamente tomamos a dereita unha pista de terra descendente para, deixando a un lado A Pruida e tras catro revoltas, chegar a un sendeiro que nos conduce a beira do río Roxíos. Dende este punto pódese contemplara casa de Sanzo co seu muíño, e como alternativa tomar as derivacións (non senalizadas) ata o pobo de Merou a través da pasarela sobre o río, ou a o muíño de Sotero.

A ruta sigue con unha leve subida, discorre en paralelo ao río e adentrase nun bosque xove de alixos, carballos e abéllanos, cuxos claros ofrecen ocasionalmente belas perspectivas dos crestons que flanquean o leito. Ao pouco alcanzase un balcón natural sobre o Vallejo del Roxíos, dende o que se contempla Castriyón e o curso do Navia. Atravesado de novo o cortalumes, o trazado recupera o bosque entre paredes de pedra seca coroados con lastras, camiños de carro, bancais, cortines e outros vestixios da cultura agraria tradicional. A última revolta regálanos a perspectiva da Ponte de Castriyón, antes de descender ao noso punto de partida.

Powered by Wikiloc